Xaquin Pastoriza | O Centro Social Ocupado Autoxestionado Escarnio e Maldizer levaba funcionando en Santiago de Compostela desde 2014. Establecido nun histórico inmoble da zona vella compostelá, abandonado desde o ano 2011, cando chegaron os seus ocupantes atoparon un edificio deteriorado. Os seus propietarios parecían máis preocupados pola especulación urbana que polo coidado do patrimonio arquitectónico, deixando degradarse cada vez máis o que fora un importante foco cultural na cidade como sede da agrupación musical “Cantigas e Agarimos.” Por iso, os seus novos ocupantes tiveron que emprender traballos de limpeza e acondicionamento para dotalo dunha mínima habitabilidade co fin de recuperar esa actividade cultural. Nomeado “Escarnio e Maldizer”, como un tipo de poesías galegas medievais dotadas dunha forte carga de crítica social, pronto se converteu nun referente para numerosos colectivos que alí tiñan a súa sede, así como nun xerador de cultura alternativa. Dentro da súa programación podíase atopar teatro, música popular, talleres feministas, actividades deportivas e de tempo libre, sempre interactuando coa cidadanía e en perfecta convivencia coas veciñas deste histórico barrio, cubrindo a necesidade dunha cultura creada por e para as de abaixo.

Ata que o 30 de maio, un forte despregamento policial con axentes antidisturbios procedeu ao desaloxo do edificio e ao tapiado das súas portas e xanelas. Un tapiado denunciado polo Concello de Compostela, xa que, ao non axustarse á normativa especial da zona vella, atenta contra o patrimonio dun edificio do século XVIII, ademais de carecer a policía de licenza para efectualo. O Concello de Santiago de Compostela está gobernado por Compostela Aberta, unha “Marea” conformada pola confluencia de diversos actores políticos e sociais do ámbito da esquerda rupturista que desaloxou ao PP do goberno local. Pois ben, o propio Concello non foi informado do desaloxo do centro social polo xuíz, como sería preceptivo. De feito, nun comunicado, Compostela Aberta defende que o centro social non presenta ningún problema de convivencia nin de seguridade, senón que, ao contrario, dota de actividade cultural a un edificio histórico da Cidade Vella. Ante a convocatoria dunha concentración contra o desaloxo a mesma tarde do 30, con máis de 500 persoas, os antidisturbios decidiron cargar disparando pelotas de goma. Fortes cos débiles, débiles cos fortes.

Non é o primeiro caso que se vive na capital galega, posto que en 2011 produciuse unha dura intervención policial contra a ocupación do Cinema Yago, co procesamiento ademais dos seus ocupantes, chegando a pedirse para algúns deles 3 anos de cárcere. Ademais, os máis maiores temos na memoria o histórico centro social “Casa Encantada”, no que moitas desenvolvemos as nosas primeiras reunións políticas, e que foi desaloxado en 2003. Estamos a asistir por tanto a unha onda criminalizadora de manifestacións culturais de iniciativa popular que atopan acollida en centros sociais ocupados que funcionan á marxe das institucións e expoñen por tanto unha dobre alternativa: á cultura “oficial” e ao modelo de urbanismo especulativo que coloca os beneficios por enriba das necesidades sociais ou mesmo, como neste caso, por encima do respecto ao patrimonio artístico. Necesitamos máis centros sociais, máis exemplos de autoorganización que impulsen a construción de comunidade rompendo as cadeas da mercantilización cultural e urbana. Por iso necesitamos toda a nosa solidariedade con estas experiencias, mobilizándonos contra a súa criminalización e defendendo modelos alternativos de xestión do espazo urbano.

Desalojo del CSOA “Escarnio e Maldizer” en Santiago de Compostela

Xaquin Pastoriza | El Centro Social Ocupado Autogestionado Escarnio e Maldizer llevaba funcionando en Santiago de Compostela desde 2014. Establecido en un histórico inmueble de la zona vieja compostelana, abandonado desde el año 2011, cuando llegaron sus ocupantes se encontaron con un edificio deteriorado. Sus propietarios parecían más preocupados por la especulación urbana que por el cuidado del patrimonio arquitectónico, dejando degradarse cada vez más el que fuera un importante foco cultural en la ciudad como sede de la agrupación musical “Cantigas e Agarimos.” Por ello, sus nuevos ocupantes tuvieron que emprender trabajos de limpieza y acondicionamiento para dotarlo de una mínima habitabilidad con el fin de recuperar esa actividad cultural. Bautizado “Escarnio e Maldizer”(Escarnio y Maldecir”), como un tipo de poesías gallegas medievales dotadas de una fuerte carga de crítica social, pronto se convirtió en un referente para numerosos colectivos que allí tenían su sede, así como en un generador de cultura alternativa. Dentro de su programación se podía encontrar teatro, música popular, talleres feministas, actividades deportivas y de tiempo libre, siempre interactuando con la ciudadanía y en perfecta convivencia con las vecinas de este histórico barrio, cubriendo la necesidad de una cultura creada por y para las de abajo.

Hasta que el 30 de mayo, un fuerte despliegue policial con agentes antidisturbios procedió al desalojo del edificio y al tapiado de sus puertas y ventanas. Un tapiado denunciado por el Concello de Compostela, ya que, al no ajustarse a la normativa especial de la zona vieja, atenta contra el patrimonio de un edificio del siglo XVIII, además de carecer la policía de licencia para efectuarlo. El Concello de Santiago de Compostela está gobernado por Compostela Aberta, una “Marea” conformada por la confluencia de diversos actores políticos y sociales del ámbito de la izquierda rupturista que desalojó al PP del gobierno local. Pues bien, el propio Concello no fue informado del desalojo del centro social por el juez, como sería preceptivo. De hecho, en un comunicado, Compostela Aberta defiende que el centro social no presenta ningún problema de convivencia ni de seguridad, sino que, al contrario, dota de actividad cultural a un edificio histórico de la Ciudad Vieja. Ante la convocatoria de una concentración contra el desalojo la misma tarde del 30, con más de 500 personas, los antidisturbios decidieron cargar disparando pelotas de goma. Fuertes con los débiles, débiles con los fuertes.
No es el primer caso que se vive en la capital gallega, puesto que en 2011 se produjo una dura intervención policial contra la ocupación del Cine Yago, con el procesamiento además de sus ocupantes, llegando a pedirse para algunos de ellos 3 años de cárcel. Además, los más mayores tenemos en la memoria el histórico centro social “Casa Encantada”, en el que muchas desarrollamos nuestras primeras reuniones políticas, y que fue desalojado en 2003. Estamos asistiendo por tanto a una oleada criminalizadora de manifestaciones culturales de iniciativa popular que encuentran acogida en centros sociales ocupados que funcionan al margen de las instituciones y plantean por tanto una doble alternativa: a la cultura “oficial” y al modelo de urbanismo especulativo que coloca los beneficios por encima de las necesidades sociales o incluso, como en este caso, por encima del respeto al patrimonio artístico. Necesitamos más centros sociales, más ejemplos de autoorganización que impulsen la construcción de comunidad rompiendo las cadenas de la mercantilización cultural y urbana. Por ello necesitamos toda nuestra solidaridad con estas experiencias, movilizándonos contra su criminalización y defendiendo modelos alternativos de gestión del espacio urbano.