Xaquin Pastoriza/ Vimos asistindo en Galiza nos últimos días a unha vaga represiva que supuxo a detención de 12 persoas no marco de dúas operacións distintas, pero que perseguen o mesmo obxectivo: criminalizar a protesta e amordazar a liberdade de expresión. Por unha banda, a detención o martes 20 de xuño de 9 persoas acusadas de participar nuns disturbios durante a manifestación de protesta contra o desaloxo do CSOA Escarnio e Maldizer, en Santiago de Compostela. Por outra, ao día seguinte, a detención de 3 dirixentes de CEIVAR (unha organización de solidariedade con presas independentistas galegas), no marco da operación Jaro II (a operación Jaro I, levada a cabo en novembro de 2015, supuxo a detención de nove militantes independentistas e a ilegalización da súa organización, Causa Galiza). 

Nos últimos anos, por desgraza, era habitual espertar con aparatosos despregamentos policiais destinados a desmantelar “Resistencia Galega” e ao seu “entorno”, unha organización que tras moitas e sisudas pescudas só parece existir nas preclaras mentes dos investigadores das forzas de seguridade e dalgún xuíz con pretensións de facer carreira na Audiencia Nacional. Unha mimese da actuación represiva levada a cabo en Euskal Herria que bordea o grotesco. A novidade é que agora se inclúe no mesmo saco criminalizador ás activistas vencelladas á defensa de centros sociais, “okupas” aos que se lles atribúe a posesión de manuais de autodefensa similares aos atopados a “etarras”. Seica posuír un folleto que che explica os teus dereitos ante un xuíz é unha perigosa arma. Ademais, o delegado do goberno en Galicia anunciou que se proporán 400 multas de entre 600 e 30.000 euros para 116 manifestantes identificadas. 

Os centros sociais, como Escarnio e Maldizer, están a desenvolver un importante traballo, atendendo necesidades sociais e culturais das de abaixo e dende abaixo, desenvolvendo comunidades ao marxe da lóxica mercantilista, pequenos espazos onde recuperar por uns intres as nosas vidas. Os mesmos que desafiúzan, que ven na vivenda un negocio e non un uso social, son os que criminalizan as alternativas ao seu concepto de propiedade privada, defendida polos seus corpos armados. Por iso, a solidariedade coas activistas detidas ou multadas é unha tarefa colectiva de todas as que queremos mudar esta inxusta situación. 

Nun contexto de agresiva ofensiva contra as condicións de vida das maiorías sociais e de retroceso continuo nos dereitos democráticos, as forzas do réxime, parapetadas tras estas accións policiais, perseguen calquera alternativa que cuestione “o estado natural das cousas”. A defensa do uso social da propiedade, a defensa da liberdade de expresión, a defensa do dereito a decidir, non encaixan neste marco restritivo. Non nos enganemos, non se trata de casos illados, todas estas actuacións enmárcanse nunha estratexia do medo na que as elites contan coa complicidade activa de moitos medios de comunicación. Así, dende as páxinas de certos xornais sinálase que a cidade de Santiago vivía aterrada polos “okupas”, cando era o despregamento das forzas de seguridade decretado polo Delegado do Goberno o que mantiña a capital galega en Estado de excepción de facto. Ou xa, no esperpento puro, a publirreportaxe de Telecinco aplaudindo as cargas policiais que mallaron brutalmente a manifestantes con supostos vínculos proetarras. 

Ante esta ofensiva, multiplicáronse estes días as mostras de apoio con concentracións que se estenderon por todo o país. Por iso, fronte a estratexia do medo, temos que estender a estratexia da solidariedade, apoiarnos mutuamente todas as que queremos mudalo todo, vencellar centros sociais, movementos sociais e activismo solidario. Temos que defender o noso, defender eses pequenos espazos que arrancamos ao dominio dos de sempre, defender os nosos dereitos democráticos e apoiar solidariamente as perseguidas por esta causa, que é a causa das máis, a nosa causa.

Galiza responde con movilización a la ola represiva

Xaquin Pastoriza12 personas han sido detenidas en Galiza en los últimos días. Una ola represiva en el marco de dos operaciones distintas, pero que persiguen el mismo objetivo: criminalizar la protesta y amordazar la libertad de expresión. Por una parte, la detención de 9 personas el martes 20 de junio acusadas de participar en disturbios durante la manifestación de protesta contra el desalojo del CSOA Escarnio y Maldizer, en Santiago de Compostela. Por otra parte, la detención el dia siguiente de 3 dirigentes de la organización de solidaridad con presas independentistas gallega CEIVAR dentro de la operación Jaro II. La operación Jaro I, llevada a cabo en noviembre de 2015, supuso la detención de nueve militantes independentistas y la ilegalización de su organización, Causa Galicia.

En los últimos años, es habitual despertar con aparatosos despliegues policiales destinados a desmantelar “Resistencia Gallega” y su “entorno”. Resistencia Gallega, una organización que tras muchas y sesudas pesquisas solo parece existir en las mentes de los investigadores de las fuerzas de seguridad y de algún juez con pretensiones de hacer carrera en la Audiencia Nacional. Una mímesis de la actuación represiva llevada a cabo en Euskal Herria que bordea lo grotesco. La novedad es que ahora se incluye en el mismo saco criminalizador a las activistas vinculadas a la defensa de centros sociales. A los “okupas” se les atribuye la posesión de manuales de autodefensa similares a los encontrados a “etarras”. Es decir, poseer un folleto que te explica tus derechos ante un juez parece ser una peligrosa arma. Además, el delegado del gobierno en Galicia anunció que se propondrán 400 multas de entre 600 y 30.000 euros para 116 manifestantes identificadas.

Los centros sociales, como Escarnio y Maldizer, están desarrollando un importante trabajo, atendiendo necesidades sociales y culturales de las de abajo y desde abajo. Impulsan comunidades al margen de la lógica mercantilista, pequeños espacios donde recuperar por unos momentos nuestras vidas. Los mismos que desalojan, que ven en la vivienda un negocio y no un uso social, son los que criminalizan las alternativas a su concepto de propiedad privada. Con la defensa de sus cuerpos armados.

En un contexto de agresiva ofensiva contra las condiciones de vida de las mayorías sociales y de retroceso continuo en los derechos democráticos, las fuerzas del régimen, parapetadas tras estas acciones policiales, persiguen cualquier alternativa que cuestione “el estado natural de las cosas”. La defensa del uso social de la propiedad, la defensa de la libertad de expresión, la defensa del derecho a decidir, no encajan en este marco restrictivo.

No nos engañemos, no se trata de casos aislados. Todas estas actuaciones se enmarcan en una estrategia del miedo en la que las élites cuentan con la complicidad activa de muchos medios de comunicación. Así, desde las páginas de ciertos periódicos se señala que la ciudad de Santiago vivía aterrorizada por los “okupas”, cuando era el despliegue de las fuerzas de seguridad decretado por el Delegado del Gobierno lo que mantenía la capital gallega en Estado de excepción de facto. O ya, en el esperpento puro, el publirreportage de Telecinco aplaudiendo las cargas policiales que apalearon brutalmente a manifestantes con supuestos vínculos proetarras. Sin embargo, se multiplicaron estos días las muestras de apoyo con concentraciones que se extendieron por todo el país. Frente a la estrategia del miedo, la respuesta de la estrategia de la solidaridad,